ONDOMAR TM

Velocidade. Precisión.
TENIS DE MESA EN GONDOMAR

Non importa a túa idade nin o teu nivel. Únete ao clube de referencia no Val Miñor e vive este deporte con intensidade.

Ven a probar gratis

Ven a probar!!!

Tes curiosidade? Non necesitas pagar nada para empezar. Ven a coñecer as nosas instalacións, os adestradores e o ambiente.

TODOS OS VENRES DE 18:00 A 20:00
NO IES TERRA TURONIO - GONDOMAR

Pásate, xogamos e falamos!!!


O tenis de mesa: máis que un deporte!!!

Reflexos e Coordinación

O tenis de mesa é o deporte máis rápido do mundo. Mellora a túa capacidade de reacción e a coordinación ollo-man de forma espectacular.

Saúde Cardiovascular

Mantente en forma sen impacto lesivo. Unha hora de adestramento queima calorías e mellora a túa resistencia física mentres te divirtes.

Para Todas as Idades

Desde nenos ata maiores. É un deporte inclusivo onde o factor físico non é o único determinante. O ambiente social é inmellorable.

Concentración e Estratexia

Potencia a mente calculando ángulos, velocidades e efectos en milésimas. Cada punto é un reto que mellora a atención e a toma de decisións rápidas.

O Noso Clube

Gondomar TM naceu en 2025 como herdeiro directo da histórica AD Vincios, o clube de tenis de mesa que durante máis de 25 anos levou o nome de Gondomar por toda España. Mantemos a mesma filosofía: formar canteiras locais e competir ao máximo nivel.

Na prensa local quedaron rexistrados os ascensos á máxima categoría nacional (Superdivisión) e os multiples campionatos nacionais e galegos conquistadas polo AD Vincios. Ese legado competitivo, xunto a décadas de organización de torneos escolares e presenza en ligas estatais, é a base sobre a que construímos esta nova etapa.

40+ deportistas activos
14 mesas de xogo
4 adestradores

Programas de adestramento

  • Iniciación

    Programa lúdico para rapazada e adultos que comezan. Traballamos coordinación, agarre e hábitos posturais con retos semanais.

  • Perfeccionamento

    Sesións específicas de efectos, lectura de xogo e toma de decisións guiadas con análise de partidos nos torneos internos.

  • Competición

    Plan integral con preparación física, técnica, táctica e apoio mental para ligas e campionatos.

Metodoloxía progresiva

Traballamos por microciclos que combinan técnica e preparación física para que cada xogador acade os seus obxectivos.

Comunidade activa

Organizamos ligas internas, quedadas familiares e viaxes a torneos para crear vínculos fóra da sala.

Escola feminina

Proxecto específico para impulsar o talento feminino.

Cotas mensuais

Plan básico

10 €/mes
  • Acceso ás instalacións
  • Xogo libre (sen adestrador e máx. 2 horas semanais)
  • Uso de vestiarios

Plan iniciación

20 €/mes
  • 1 día/semana con adestrador
  • Corrección técnica
  • Exercicios multibolas

Horarios

Organizamos os adestramentos en bloques reducidos para garantir atención personalizada. Cada sesión combina técnica, táctica e partidos supervisados.

Martes

18:00 - 20:00

Quecemento específico e progresión técnica para todos os niveis.

Xoves

18:00 - 20:00

Quecemento específico e bloque táctico con estratexias condicionadas.

Venres

18:00 - 20:00

Portas abertas: sesión social con partidos rápidos e probas para novos socios.

Novas do Clube

Seguimos compartindo resultados, fotos e historias na nosa páxina oficial de Facebook.

Ver as novas en Facebook

Grazas aos nosos apoios e patrocinadores

Onde Atoparnos

Dirección

Avenida Campo de La Feria, s/n
Pabellón IES Terra de Turonio, Gondomar

Teléfono

649 96 90 80

Email

gondomartmtenisdemesa@gmail.com

Queres apuntarte?

Escríbenos un correo, chámanos ou deixanos os teus datos para que poidamos contactar contigo o antes posible:

Respondemos sempre en menos de 24 horas.