Saúde integral
Deporte de baixo impacto que coida o teu corazón e articulacións. Ideal para manterse áxil a calquera idade.
Un espazo para as mulleres e o tenis de mesa.
O proxecto "TENIS DE MESA PARA TODAS" é unha iniciativa totalmente de balde que nace co propósito de animar ás mulleres, de todas as idades e condicións, a participar no deporte mentres nos mantemos activas.
Xuntámonos todos os sábados para xogar nun ambiente seguro, relaxado e inmellorable. Non importa se nunca tiveches unha raqueta na man; aquí o que importa é o tempo que te dedicas a ti mesma mentres activas o corpo e a mente.

Cada vez somos máis!
Deporte de baixo impacto que coida o teu corazón e articulacións. Ideal para manterse áxil a calquera idade.
Mellora os reflexos, a coordinación e a memoria. Un auténtico reto para manter a mente esperta.
Racha coa rutina semanal, fai novas amigas e comparte risas nun ambiente de apoio mutuo.


Elixe a opción que prefiras: entra no grupo xeral, escríbelle un WhatsApp á responsable ou chámaa directamente.
Belén é a responsable do proxecto "TENIS DE MESA PARA TODAS".
Número de contacto: 657 76 85 05