ONDOMARTM
Logo Tenis de Mesa para Todas

TENIS DE MESA PARA TODAS

Un espazo para as mulleres e o tenis de mesa

Rachar coa rutina nunca foi tan divertido

O proxecto "TENIS DE MESA PARA TODAS" é unha iniciativa totalmente de balde que nace co propósito de animar ás mulleres, de todas as idades e condicións, a participar no deporte mentras nos mantemos activas.

Xuntámonos todos os sábados para xogar nun ambiente seguro, relaxado e inmellorable. Non importa se nunca tiveches unha raqueta na man; aquí o que importa é o tempo que te dedicas a ti mesma mentres activas o corpo e a mente.

Datos Clave:

  • 🗓️ Cando: Todos os sábados
  • Horario: De 11:00 a 12:00 horas
  • 📍 Lugar: Ximnasio do IES Terra de Turonio
  • 🆓 Custo: Totalmente GRATUÍTO

Por qué o Tenis de Mesa?

Saúde Integral

Deporte de baixo impacto que coida o teu corazón e articulacións. Ideal para manterse áxil a calquera idade.

Ximnasia Mental

Mellora os reflexos, a coordinación e a memoria. Un auténtico reto para manter a mente esperta.

Socialización

Racha coa rutina semanal, fai novas amigas e comparte risas nun ambiente de apoio mutuo.

Queres unirte á nosa familia?

Elixe a opción que prefiras: entra no grupo xeral, escríbelle un WhatsApp á responsable ou chámaa directamente.

GRUPO DE WHATSAPP WHATSAPP A BELÉN CHAMAR A BELÉN

Belén é a responsable do proxecto "TENIS DE MESA PARA TODAS".
Número de contacto: 657 76 85 05